Roteiros interpretativos guiados de primavera 2021

137

O Concello de Betanzos retoma para esta primavera, sempre e cando as circunstancias derivadas da evolución da pandemia da Covid-19 o permitan, a realización da actividade. En concreto, os roteiros interpretativos guiados, que foran suspendidos no pasado outono, unha actividade para descubrir e coñecer singularidades do medio natural, a flora, as historias, curiosidades e anécdotas dos lugares e das paisaxes galegas, para desfrutar da actividade física ao aire libre e en contacto coa natureza.

* Ruta “O Forgoselo, entre brañas e cabalos”, no Concello de A Capela, os domingos 2 e 16 de maio, 14 km aproximadamente e dificultade media-baixa.

* Ruta “Penas de Rodas – Ínsua de Seivane”, no Concello de Outeiro de Rei, os domingos 9 e 23 de maio, 15 km aproximadamente e dificultade media-baixa.

* Ruta “Cabo Prior, defendendo a costa”, no Concello de Ferrol, o luns 17 de maio, 13 km aproximadamente e dificultade media-baixa.

As saídas serán ás 09:00 h en autobús desde o Cantón Claudino Pita, traslado ata o destino, realización da ruta interpretativa e guiada, e regreso a Betanzos sobre as 16:00 h – 17:00 h. Hai que levar o xantar (bocadillo, bebida, froita) nunha mochila pequena e roupa e calzado axeitado, sobre todo se hai previsión de choiva.

Mais información no Departamento de Deportes, teléfono 981 770 011