Pregón infantil festas de San Roque 2025, Mario Silva Pérez

Lectura do pregón infantil das festas por conta do mozo betanceiro MARIO SILVA PÉREZ

Pregón festas San Roque 2025 Oscar Gilsanz González.

OSCAR GILSANZ GONZÁLEZ, adestrador de fútbol que dirixiu ao R.C. Deportivo da Coruña na tempada 24/25 foi o encargado de dar o pregón das festas de San Roque 2025.

Exposición da alfombra efémera para celebrar o 150 aniversario do globo de Betanzos.

A alfombra efémera elaborada polo grupo Cidae Galicia diante da igrexa de Santo Domingo para celebrar o 150 aniversario do globo de Betanzos estará dispoñible durante uns días diante da igrexa de Santo Domingo.

As Festas de San Roque contarán con punto violeta municipal e cun punto LGTBIQA+...

En todos os puntos desenvolveranse actividades de sensibilización e dinamización, polo que poden visitalo persoas de todas as franxas de idade: xente moza, familias con crianzas, persoas adultas, etc.

Inauguración da exposición Globo de Betanzos, Estrela Fugaz. Galería de imaxes.

Con motivo do 150 aniversario do primeiro Globo de San Roque de Claudino Pita Pandelo (1875–2025), o pasado luns 4 de agosto, inaugurouse unha exposición conmemorativa na Sala Jesús Núñez do Edificio Arquivo Liceo da que é autor o betanceiro Luis Galán.

Finalizou a segunda quenda do campamento de verán Betanzos Concilia co desenvolvemento de distintas...

Na segunda quenda do campamento de verán os nenos e as nenas puideron desfrutar duns días ateigados de actividades, destacando a colaboración con Stop Accidentes e a Asociación Cultural SalsaNova de Betanzos.

Betanzos celebrou unha nova edición do “Caneiros en familia”. Galería de imaxes.

O  Concello organiza de novo esta cita para difundir e inculcar  “os valores e tradicións características desta romaría”. O obxectivo non é outro que seguir dando pasos para evitar que se desvirtúe a romaría, un propósito do conxunto de entidades do municipio e dos diferentes partidos políticos.

O Concello de Betanzos abre a convocatoria de axudas económicas extraordinarias para...

Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas económicas mediante adxudicación directa ás persoas inquilinas dun contrato de alugamento ou dun préstamo hipotecario dunha vivenda situada no Concello de Betanzos e que constitúa a súa residencia habitual no momento da solicitude.

Sesión ordinaria do pleno de data 29/07/2025

O concello de Betanzos ten diversos asuntos que tratar en sesión do Pleno tendo en conta os distintos expedientes conclusos e as mocións presentadas para ser sometidos á consideración do Pleno da Corporación.

O Concello trae á praza García Naveira un carrusel de dous pisos con incentivo...

Todos aqueles clientes que superen un gasto de 20 euros dispoñerán dun vale para poder viaxar “gratis” no carrusel. Lembra que a campaña remata este mércores, 13 de agosto.

Últimas Novas