Recuncho do Servizo de Atención temperá para este mes de maio.
Este recuncho nace coa idea de ofrecer ás familias da nosa contorna contidos que poidan ser de utilidade sobre como é o desenvolvemento das nosas crianzas nas primeiras idades.
Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas no Campamento de Verán Betanzos Concilia 2026
O Concello de Betanzos informa de que xa está dispoñible a listaxe definitiva coas persoas admitidas no programa Campamento de Verán Betanzos Concilia 2026.
A unidade móbil de doazón de sangue estará en Betanzos, o día 3 de...
A unidade móbil de doazón de sangue estará en Betanzos, o mércores 3 de xuño de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas na praza dos Irmáns García Naveira.
O Parque do Pasatempo convértese no epicentro musical coa primeira edición do ‘Betaverso Festival’
O Concello de Betanzos prepárase para acoller unha nova e ambiciosa proposta dirixida ao público máis novo: o Betaverso Festival. A cita terá lugar o vindeiro sábado 6 de xuño no emblemático Parque do Pasatempo
Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas no Campamento de Verán Betanzos Concilia 2026
O Concello de Betanzos informa da publicación da listaxe provisional de persoas admitidas no programa “Campamento de Verán Betanzos Concilia 2026”.
Preto de 350 persoas participaron na II Xuntanza de Maiores de Betanzos no Parque...
A explanada do Parque do Pasatempo converteuse este domingo no punto de encontro para preto de 350 persoas con motivo da celebración da II Xuntanza de Maiores de Betanzos, unha cita marcada pola convivencia, a música e o bo ambiente.
Barral presentará no Pleno unha proposta para desbloquear a situación do complexo San Roque...
O goberno local de Betanzos levará ao vindeiro Pleno a proposta para autorizar a cesión da concesión administrativa e dos dereitos de arrendamento do Complexo San Roque á empresa Nuevas Iniciativas Betanzos S.L. (NIB), despois do informe favorable emitido polos servizos xurídicos municipais sobre a operación formulada.
O Concello de Betanzos celebra o Día de Santa Rita cunha homenaxe ao persoal...
O Concello de Betanzos celebrou o pasado 22 de maio Día de Santa Rita, patroa do funcionariado, cun acto institucional de recepción ao persoal municipal no que tamén se rendeu homenaxe aos traballadores e traballadoras que este ano iniciaron a súa xubilación.
Sesión ordinaria do pleno de data 26 de maio de 2026
O concello de Betanzos ten diversos asuntos que tratar en sesión do Pleno tendo en conta os distintos expedientes conclusos e as mocións presentadas para ser sometidos á consideración do Pleno da Corporación.
O Concello pon en marcha a Mesa de Coordinación Policial en materia de Violencia...
O Concello de Betanzos celebrou o pasado día 20 de maio, a primeira reunión da Mesa de Coordinación Policial en materia de Violencia de Xénero, un órgano integrado pola Policía Local, a Garda Civil, os Servizos Sociais municipais e a Subdelegación do Goberno, creado no marco da Xunta Local de Seguridade co obxectivo de reforzar a coordinación institucional e mellorar a protección das vítimas.
















