A nosa cadete Xiana Seijo compite en Navarra defendendo as cores de Galicia
O pasado 18 de maio, a corredora cadete betanceira Xiana Seijo participou na prestixiosa proba de MTB Superprestigio, celebrada en Navarra, representando con orgullo as cores da selección galega.
Nun circuíto esixente e nunha categoría de alto nivel, Xiana logrou un 12º posto moi disputado, demostrando unha vez máis a súa capacidade de superación, especialmente tras unhas semanas de parón por mor dunha caída en competición. O seu regreso á competición con este resultado reafirma o seu talento e compromiso co deporte.
Non é a primeira vez que Xiana é seleccionada pola Federación Galega de Ciclismo, algo que pon de manifesto o seu bo estado de forma nos últimos anos e a súa traxectoria ascendente no mundo do ciclismo de montaña.
Queremos parabenizala polos seus logros e animala a seguir traballando con ilusión. O esforzo e o sacrificio seguen a dar os seus froitos.










