A unidade móbil de doazón de sangue estará en Betanzos, o día 20 de...
A unidade móbil de doazón de sangue estará en Betanzos, o lunes 6 de xullo, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 horas na praza dos Irmáns García Naveira.
A Policía Local e a Garda Civil incrementarán a colaboración con dispositivos especiais para...
A situación de seguridade da cidade foi un dos asuntos abordados durante a Xunta Local de Seguridade convocada pola alcaldesa para analizar tanto este aspecto como os dispositivos previstos de cara á Feira Franca Medieval e ás festas patronais de agosto.
Betanzos convertido de novo en escenario histórico coa súa Feria Medieval
O Concello presentou a programación da XXVII Feira Franca Medieval, que se celebrará dende o próximo venres e que converterá novamente o casco histórico da cidade nun gran escenario de recreación medieval, con arredor de 140 postos de artesanía e alimentación, recreacións históricas, espectáculos e unha intensa programación de actividades para todos os públicos.
Betanzos abre o mercado municipal para convertilo no motor da revitalización do casco...
O Concello inaugurou o pasado martes 7 de xullo, o Mercado Municipal, un dos proxectos estratéxicos máis importantes para a recuperación do casco histórico e para o impulso da actividade económica, comercial e turística da cidade.
Betanzos volverá demandar unha oficina permanente da Policía Nacional para a xestión de documentos...
O Concello volverá solicitar ao Goberno que retome o proxecto para a implantación dunha oficina permanente da Policía Nacional na cidade, unha demanda histórica que xa foi formulada en anteriores ocasións e que continúa a ser unha necesidade para a capital da comarca.
Novo espazo de divulgación en Betanzos Acompáñate: recursos para previr a soidade non desexada
A partir do 3 de xullo, a web municipal contará cun novo espazo de divulgación dentro do programa Betanzos Acompáñate, creado co obxectivo de ofrecer recomendacións breves e prácticas para a prevención dos sentimentos de soidade non desexada.
Recuncho do Servizo de Atención temperá para este mes de xullo.
Este recuncho nace coa idea de ofrecer ás familias da nosa contorna contidos que poidan ser de utilidade sobre como é o desenvolvemento das nosas crianzas nas primeiras idades.
Sesión ordinaria do pleno de data 30 de xuño de 2026.
O Concello de Betanzos ten diversos asuntos que tratar en sesión do Pleno tendo en conta os distintos expedientes conclusos e as mocións presentadas para ser sometidos á consideración do Pleno da Corporación.
Betanzos abriu a piscina exterior coa que iniciou o programa de actividades de verán
O Concello abriu o pasado mércores, 1 de xullo, a piscina municipal descuberta, que prestará servizo de baño durante os meses de xullo e agosto. No caso de que o bo tempo continúe durante o mes de setembro, as instalacións permanecerán abertas ata o inicio do curso escolar.
Betanzos sacará a licitación la segunda fase del convento de As Donas
O Concello desbloqueou a segunda fase da rehabilitación do convento de As Donas, unha actuación estratéxica para culminar a recuperación dun dos inmobles patrimoniais máis singulares da cidade. Así o anunciou hoxe a alcaldesa, María Barral, quen avanzou que os traballos sairán a licitación nos vindeiros días tras completarse unha longa tramitación administrativa e a supervisión técnica do proxecto.
















