Betanzos adhírese á campaña provincial “Liberdade de Ser e Sentir” con motivo do Día...

O Concello de Betanzos adhírese, por sexto ano consecutivo, á campaña “Liberdade de Ser e Sentir”, promovida pola Deputación da Coruña con motivo do 28 de xuño, Día Internacional da Diversidade Sexual.

Os betanceiros e betanceiras que completaron a Ruta do Pai Sarmiento reciben as súas...

O Concello de Betanzos celebrou o acto oficial de entrega das credenciais ás veciñas e veciños que completaron con éxito a Ruta do Pai Sarmiento, un percorrido que culminou en Santiago de Compostela tras completar as sete etapas que conforman este itinerario xacobeo.

“Betanzos Acompáñate”, o programa municipal para combater a soidade non desexada, xa está dispoñible...

O programa contra a Soidade non desexada Betanzos Acompáñate está aloxado na páxina web do Concello. Integrado nos programas dos Servizos Sociais Comunitarios Específicos consta dun Díptico informativo e un Formulario para as persoas interesadas en participar.

Betanzos pon en marcha un novo obradoiro de emprego no ámbito sociosanitario para formar...

O Concello presentou un novo Obradoiro de Emprego no ámbito sociosanitario que permitirá formar a 20 alumnos durante un período de nove meses nun sector cunha elevada demanda laboral.

O Servizo de Atención Temperá dos concellos de Betanzos, Oza-Cesuras e Paderne atende xa...

Con motivo da conmemoración do Día da Atención Temperá, os concellos de Betanzos, Oza-Cesuras e Paderne queren poñer en valor o traballo que se desenvolve a través do seu Servizo de Atención Temperá, un recurso fundamental para o apoio ao desenvolvemento infantil e o acompañamento ás familias.

Sesión extraordinaria do pleno de data 16 de xuño de 2026.

O concello de Betanzos ten diversos asuntos que tratar en sesión do Pleno tendo en conta os distintos expedientes conclusos e as mocións presentadas para ser sometidos á consideración do Pleno da Corporación.

Betanzos ultima os preparativos da Feira Medieval que terá lugar dentro dun mes e...

Betanzos ultima os preparativos da XXVII edición da Feira Franca Medieval, que se celebrará dentro dun mes, como é tradición, durante a segunda fin de semana de xullo. A organización traballa xa nos últimos detalles dunha cita que volverá converter o casco histórico nun gran escenario medieval.

O Concello de Betanzos abre o prazo para que os locais de hostalaría e...

Dentro do programa municipal de prevención comunitaria Con-sentido, xorde a iniciativa Betanzos en violeta, un protocolo de colaboración fronte ás agresións sexuais nos espazos de ocio nocturno.

Barral reclama á Xunta que amplíe o Plan Rexurbe e retome a compra de...

A alcaldesa María Barral, reclamoulle á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, que a Xunta continúe impulsando o Plan Rexurbe na cidade e retome a adquisición de inmobles no casco histórico

Últimas Novas