O pasado domingo, día 11 de maio, deu comezo a primera etapa do Camiño de Santiago (Ruta do Pai Sarmiento).
Case 70 veciños e veciñas se desplazaban a Pontevedra, cidade da que parte o Camiño, e pasarían polos logares e vilas de Altabón, O Freixo, Parada de Arriba, Parada de Abaixo, Campañó, Fragamoreira, A Bouza, Poio, A Seara, Combarro, Chancelas, O Covelo, O Carballo, Raxó e A Granxa.
Preto de 20 quilómetros por estas fermosas vilas fixeron disfrutar a toda a expedición, acompañada polo técnico de deportes do Concello de Betanzos, guías especializados e membros de Protección Civil de Betanzos.
A climatoloxía acompañou en prácticamente todo o camiño, puidendo disfrutar de paisaxes de costa tan fermosas como as que se amosan nas imaxes. Moitas das rutas seguintes seguirán a contar con preciosos paisaxes de costa, para rematar encarando o final cara Santiago.
O próximo domingo volverán a saír, para camiñar dende Raxó ata A Lanzada.
A delegación de Deportes do Concello de Betanzos pretende a través do Camiño de Santiago promover hábitos de vida sudables, pero fundamentalmente a convivencia entre veciños e a aplicación de valores de compañerismo, solidaridade, cooperación… son igualmente relevantes. Dende a delegación agradecen a alta participación e compromiso dos asistentes, e agardan que as 10 etapas transcorran con ledicia e diversión.














