A rotura dunha tubería de auga provoca a suspensión do servizo en diversas rúas

1224

A rotura da tubería de abastecemento de auga en Alfonso IX provocou á supresión do servizo a boa parte da cidade. Os traballadores da empresa concesionaria traballan dende esta tarde para cambiar a tubería. Os traballos non concluirán antes das 03.00 horas da madrugada do domingo ao luns.

A tubería, antiga, é de fibrocemento. Rompeu soa.

As rúas afectadas polo corte de auga son: Valdoncel (Impares); A Condesa; Fraga Iribarne; A Magdalena; Condomiña; Avda da Coruña; Argentina; A Ribeira; Alfolí; Rexemento Provincial; Antolín Faraldo; Malecón; Marina; Xoan García Acuña; Manuel Naveira; Praza do Peirao e A Galera