Betanzos mellora os equipamentos do polígono de Piadela para atraer novas empresas

113

O goberno local pretende que impulsar a captación de empresas ao polígono industrial de Piadela. A súa localización como gran área de servizos e distribución fai que co cambio de uso de solo promovido desde o goberno local, permita ampliar as actividades empresariais e favorecer ao sector terciario o que redundará e posibilitará a implantación de novas empresas.

Nesa vía traballa o Concello á hora de captar novos proxectos. De feito, nestes momentos, están en construción catro novas naves industriais e mantivéronse reunións con outras empresas interesadas en instalarse na zona. Coincide este novo impulso e o obxectivo claro de crear postos de traballo, cunha serie de actuacións que está a levar a cabo o goberno local en todo o parque empresarial centradas na adecuación dos viarios, a limpeza de malezas, e a renovación da sinalización vertical.

Traballos que se desenvolven dentro dun programa que incluirá tamén a renovación de toda a rede de iluminación que incorporará dentro dunha nova fase do IDAE para colocar novas luminarias de aforro enerxético.