Betanzos programa actuacións en infraestruturas e equipamentos que superan os 2,3 millóns de euros

355

O goberno local presentará para a súa aprobación plenaria unha serie de proxectos para incluír no Plan Único da Deputación que contarán cun investimento próximo aos 600.000 euros.

A alcaldesa, María Barral, presentou os proxectos que se incluirán neste programa que conta con financiamento provincial e participación do  Concello. Trátase de proxectos de mellora de  insfraestructuras e equipamentos e que permitirán ao goberno local continuar a liña de actuacións en materia de renovación de espazos públicos tanto na zona urbana como no ámbito rural.

Entre os proxectos incluídos atópase a mellora da urbanización e servizos da  rúa de  As  Cascas, urbanización Río Sol para a que se destinará 104.129 euros, ademais da mellora e urbanización da rúa Santa María, cun investimento superior aos 150.000 euros.

A primeira edil explicou que se trata de seguir facendo unha esforzo investidor na  renovación de rúas que necesitan “despois de moitos anos unha mellora integral dos servizos” tal e como se está facendo nos últimos anos tanto no centro histórico como no resto da cidade. Pero que, ademais, a través deste plan provincial o  Concello pretende seguir mellorando as vías municipais situadas na zona rural e neste caso reservaranse máis de 185.000 euros para asfaltados en Tiobre, Pontellas, Piadela e  Requián, e outros 111.000 euros para a pavimentación e mellora da seguridade en Castro, Montellos, O  Farragoto e A Graña.  Tamen prevese a renovación da pavimentación da avenida García  Navera con máis de 65.000 euros.

No mesmo pleno aprobarase o plan complementario do ano 2021 que inclúen investimentos financeiramente sostibles  e que no seu conxunto alcanzan os 1,7 millóns de euros e que contarán cun préstamo provincial do 50%. Entre elas prevese a mellora da urbanización e dos servizos no grupo  Brigantium e Manuel Naveira, cun investimento de 270.000 euros; a mellora e  urbanización da  rúa alcalde López Datorre, con máis de 130.000 euros; as rúas Cruz Verde e  Xudeos, con 271.500 euros; a reurbanización e cambio de redes na avenida do Carregal, con 553.439 euros e a renovación do parque Pablo Iglesias con 99.485 euros.

Tamén se prevé a mellora da pavimentación de vías en Viladesudo, Guiliade, Viraventos,  Talay e Gas por uns 155.000 euros; de  Sanxiaio, Tabaques e Illobre, con 105.199 e de  Piadela, Guiliade, Abelares, Infesta e O Coto con 134.232 euros.