Betanzos publica a listaxe provisional de concesión de axudas a profesionais a 180 pequenas empresas e autónomos que se viron afectados na súa actividade pola Covid-19

460

O Concello aprobou 180 axudas a pequenas empresas e autónomos que se viron afectadas na súa actividade diaria pola Covid-19.

A listaxe provisional de admitidos foi publicada o pasado lunes 24 polo Concello na web municipal www.betanzos.gal tras os pertinentes informes técnicos.

Listaxe provisional de concesión do programa. Descargar

En total, presentáronse 287 peticións das que 107 foron denegadas ao non axustarse ás bases da convocatoria.  59 delas por ter o domicilio fiscal fóra de Betanzos; 36 por débedas contraídas coa Seguridade Social ou Facenda; 4 por incumprir outro dos requisitos canto a que a actividade desenvolvida se vise afectada o peche de establecementos disposto no  RD 465/2020 de 17 de marzo ou, se non fose o caso, que a actividade tivese unha redución da  súa facturación durante o mes seguinte á declaración do estado de alarma de polo menos o 50% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior; 1 por débedas co Concello e 6 ás que se lle pediu máis documentación e non a presentaron. Nun dos casos, a petición de axudas presentouse fóra de prazo. Agora as persoas interesadas terán dez días para presentar as alegacións que correspondan.

Reactiva Betanzos, como así se denomina o programa, encádrase na serie de accións que o goberno local está a levar a cabo en materia económica dirixida aos colectivos profesionais que se viron e ven afectados pola crise provocada pola Covid-19. A estas axudas sumaranse as que o Concello tamén convocou con fondos da Deputación Provincial e as campañas de promoción do comercio e hostalaría que se porán en marcha en decembro.

As axudas deste programa poden chegar ata os 700 euros. Delas benefícianse as persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, así como as microempresas que reunían unha serie de requisitos. Concédese unha cantidade máxima de 500 euros para os autónomos ou microempresas cando a actividade que desenvolvan viuse afectada o peche de establecementos e unha de 300 euros a aqueles autónomos ou microempresas que  sufriron unha redución da súa facturación.

Estas cantidades 500 euros e 300 euros increméntanse nun máximo de 100 euros en caso de ter ata 4 traballadores ou traballadoras (inclusive, ademais da persoa solicitante) e nun máximo de 200 euros  en caso de ter ata 9 traballadores ou traballadoras (inclusive, ademais do solicitante) a data 1 de marzo de 2020.