O Concello limpou con medios propios un tramo de estrada provincial e outro de competencia autonómica na zona de Robeira que se viron afectados polas choivas destes días que produciron desprendementos de terreo.
O goberno local, a través da concellería de Servizos, realizou a limpeza dos viais que impedían circular con normalidade ante a necesidade de “abordar os traballos da maneira máis rápida posible para minimizar os problemas aos veciños” a pesar de non ser estradas da súa competencia.
Neste sentido, anunciou que se dirixirá a ambas as administracións para que, dentro das actuacións urxentes con motivo dos temporais, acometan reparacións e realicen os traballos de retirada de terra que foi “apartada destes viais polos servizos municipais para facilitar o paso de vehículos e de transporte escolar”, segundo explicou o concelleiro de Servizos, Andrés Hermida