Desinfección parques infantís

523

O Concello, a través dos servizos de Protección Civil, continúa o programa de desinfeccións de zonas públicas. As actuacións mantéñense de madrugada nas rúas do centro urbano e durante o día noutros espcaios abeirtos, públicos, como neste caso os parques infantís da zona rural de Infesta, Guiliade e San Martiño.

 

 

 

Estes traballos continuarán en parques e pistas polideportivas antes de abrilas de novo ao público, xa que estes últimos espazos están pechados pola Covid-19. Tamén se están realizando labores de desinfección en mobiliario urbano como bancos e marquesiñas.

Todas as instalacións municipais dispoñen de información sobre as medidas de seguridade que deben adoptar os usuarios así como os teléfonos aos que chamar en caso de querer realizar xestións municipais ou recibir información sobre servizos.