O Concello limpou a fonte dos Ánxeles, en pleno camiño dos Caneiros despois de que aparecese o lavadoiro cheo de refugallos de botellas de cristal, plástico, bolsas, etc.
É a terceira ocasión que o Concello limpa esta fonte pola conduta incívica dalgunhas persoas que tiran neste lugar restos sólidos urbanos en lugar de depositalos nos colectores de residuos.

Desde o goberno local lamentan que este tipo de actos se repitan non só nesta fonte ou lavadoiro senón noutros puntos do municipio e alertouse á Policía Local para facer un seguimento destes puntos, e para que sancione a quen deposite este material.
O goberno local agradeceu a colaboración da veciñanza á hora de denunciar estes actos.