O Concello de Betanzos fixo entrega das compostelanas ás persoas participantes nas rutas de sendeirismo de este ano.

O acto celebrouse na Aula municipal de cultura Xulio Cuns o pasado venres día 26 de novembro e estivo presidido pola alcaldesa María Barral e os concelleiros Andrés Hermida e Mónica Carneiro.

O Concello, a través desta iniciativa, quere promover os hábitos saudables a través do deporte, así como os valores sociais da colaboración e a solidariedade.