O Concello abre prazo ata o día 3 de maio para solicitar axudas para rehabilitación no centro histórico e a súa zona de protección

377

O Concello abriu hoxe o prazo de solicitude de subvencións de rehabilitación edificatoria na área do centro histórico de Betanzos ata o próximo día 3 de maio.

 

 

 

As persoas interesadas poden presentar as solicitudes para actuacións de rehabilitación e de renovación de vivendas na área de Rehabilitación comprendida entre o centro histórico e a súa zona de protección, barrio da Ribeira, barrio histórico da Nosa Señora do Camiño e barrio histórico da Condomiña-A Magdalena. Trátase de axudas en execución do Acordo  acordo da Comisión Bilateral asinado o 29 de outubro de 2020 entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbano, o Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia e o Concello de Betanzos, relativo á Área de Rexeneración e Renovación Urbana Conxunto Histórico de Betanzos e a súa zona de protección, Fase 12.ª (A Coruña) Comunidade Autónoma de Galicia. Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, anualidade 2020.

Esta convocatoria ten por obxecto a rehabilitación de edificios e vivendas, así como a renovación de inmobles. Dentro da rehabilitación os traballos subvencionables  son o mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, e no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente; as actuacións que fomenten a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas ea conservación e a accesibilidade en vivendas.

Dentro destas actuacións entenderanse ademais incluídas: a instalación de ascensores; as instalacións para a detección e prevención de incendios e habilitación de vías de evacuación; a mellora de accesos e circulación para uso de persoas con mobilidade reducida; reforzos estruturais, rehabilitación de elementos singulares da edificación.

Canto ás axudas para renovación establécense obras de derrubamento de edificios e de vivendas e as obras de construción de edificios  e vivendas de nova construción.

A persoa interesada  deberá presentar unha solicitude, acompañada da documentación que se especifica, preferentemente no Rexistro do  Concello, tendo toda a información, así como os modelos de solicitudes e anexos na Oficina de Rehabilitación Municipal do Concello de Betanzos, (sita na Praza Constitución nº1), en horario de martes a xoves de 9:00 a 14:00, con cita previa no teléfono 981 77 36 90.

Ademais de publicarse tamén na páxina web do Concello de Betanzos na dirección www.concello.betanzos.gal > departamentos>urbanismo>oficina de rehabilitación.

Para mais información prema aquí.