Se o ano 2025 remataba con deporte nas rúas de Betanzos coa súa San Silvestre betanceira, o ano 2026 comezará albergando na nosa cidade eventos deportivos de enorme prestixio.
A San Silvestre betanceira acolleu a preto de 700 persoas nunha tarde solleira do 31 de decembro, onde nenos e nenas competían lúdicamente nas probas adaptadas á súa idade, para despois dar comezo á carreira absoluta e posterior andaina popular. A praza da Constitución encheuse de música, bo ambiente e diversión, organizado todo polo Concello de Betanzos e o club local Club Atletismo Betanzos. Remataba un ano deportivo espectacular para a nosa cidade da mellor das maneiras con esta edición da San Silvestre Betanceira.
Para ver a galería de imaxes da San Silvestre 2025 prema aquí
O ano 2026 promete ser activo no ámbito deportivo, porque xa temos confirmados 3 eventos de gran repercusión para o comezo do 2026: O campionato galego Cadete de taekwondo, a celebración por segundo ano consecutivo da Copa España de Féminas do ciclismo e o paso do Rally Coruña pola nosa cidade, albergando unha etapa propia con reagrupamento na praza Irmáns García Naveira.
O 31 de xaneiro o noso pavillón municipal José María Valeiro Iglesias (Tocayo), albergou o Campionato galego para a categoría cadete e xunior de taekwondo, organizado da man do club Kwon Betanzos, onde varios rapaces do club tiveron a oportunidade de competir ao máis alto nivel galego.
Para ver a galería de imaxes da San Silvestre 2025 prema aquí
O 28 de febreiro Betanzos acollerá unha etapa do Rally Coruña, unha prestixiosa proba que nesta edición cumpre o seu 30 aniversario. Ademais, esta proba coruñesa da un salto internacional ao incrporarse ao Tour European Rally (TER), compartindo calendario internacional con países como Italia, Portugal ou Suiza.
O 11de abril, Betanzos volverá a organizar a Copa de España de féminas -Comarca Brigantina- logo do éxito da anterior edición. As federacións galega e española de ciclismo volven confiar na nosa cidade a realización dunha das etapas da Copa España para as categorías junior, élite e sub-23 feminino. O Concello de Betanzos, xunto co Club Ciclista Betanzos estiveron á áltura o pasado ano coa celebración da primeira Copa España e este ano a cidade brigantiina vovlerá a acoller ao mellor do ciclismo feminino nacional.
Son 3 eventos deportivos de gran nivel que se desenvolverán nos primeiros meses do ano, pero a actividade deportiva vai moito máis alá: o tecido deportivo da cidade de Betanzos segue o seu ritmo de competición onde numerosos nenos e nenas se forman e practican o deporte que máis lles gusta.
Dende a concellería de deportes, o delegado na materia, Ricardo Cheda, amosa a súa satisfacción ao comprobar que a saúde deportiva de Betanzos está mellor que nunca, destacando o labor que cada club local realiza no seu día a día e o apoio que as diferentes Federacións deportivas depositan neles. “ Dende o Concello de Betanzos, seguimos
aumentando o noso apoio cuantitativo cualitativo nos clubs deportivos, porque son unha peza fundamental para a nosa cidade”.











