Nova edición de “Xogade coas motos” na praza Irmáns García Naveira

269

O Concello de Betanzos, a través da Concellería de Deportes e Mocidade, organizou o pasado sábado 28 de xuño, na praza Irmáns García Naveira, unha nova edición de “Xogade coas motos”, actividade para a rapazada betanceira, que consistiu nunhas clases teóricas e prácticas con exercicios de habilidade con motos pequenas para achegarlle á rapazada con seguridade o deporte do motociclismo.


Estivo dirixida a nenos e nenas de entre seis e dezaseis anos e é totalmente gratuíta. A organización facilitou a moto, o casco e o mono.