O roubo de 500 metros de cable de cobre no porto deixa sen iluminación pública todo o Paseo

474

O Concello alerta a Portos de Galicia, responsable da zona, e pídelle que repoña o servizo canto antes.

O Concello alertou a Portos de Galicia dun novo roubo de cable de cobre no paseo do porto de Betanzos que deixou sen iluminación pública todo o tramo. O roubo produciuse o pasado venres e afectoulle a uns 500 metros de cable, que deixou ás escuras o paseo.

Trátase dun segundo roubo despois de que a principios de xuño se producise outro episodio que, neste caso, afectoulle a tan só catro luminarias, que aínda non estaban repostas.

O Concello alertou da situación a Portos de Galicia, que é a entidade que ten a competencia na zona, informouno da situación e solicitoulle que, tendo en conta de como queda o tramo, realice a reposición canto antes, máis cando é un mes no que moita xente adoita frecuentar ese paseo”. O Concello remitiralle a Portos o informe da Policía Local.

Nesta mesma zona, froito da colaboración de ambas as administracións, o Concello acaba de realizar unha importante actuación na varanda e paseo do Porto coa limpeza e o pintado do mobiliario que, co paso do tempo, “estaba notablemente deteriorado”.