Os Sábados Miúdos despídense ata setembro con moita música, xogos e baile!

Este mes de xuño, nos Sábados Miúdos, celebraremos a fin do curso escolar cunha sesión de “Picadiscos” por conta de María Faltri. Daremos comezo ao verán cunha gran festa participativa, con música galega de onte e de hoxe, onde a nosa dj nos poñerá a bailar e cantar con xogos rítmicos, instrumentos, disfraces e dinámicas de grupo.

O Conservatorio Municipal celebrou o seu Concerto Fin de Curso na Aula de Cultura...

A Aula de Cultura Xulio Cuns acolleu na tarde de onte o Concerto Fin de Curso 2025-2026 do Conservatorio Municipal de Música Carlos López García-Picos de Betanzos (CMUS), unha cita que serviu para clausurar o curso académico e compartir coa cidadanía o traballo realizado polo alumnado ao longo dos últimos meses.

Betanzos acollerá un concerto homenaxe a Marcial del Adalid no bicentenario do seu nacemento

O Dúo Scaramouche interpretará na igrexa de Santa María do Azougue a integral da música para piano a catro mans do compositor coruñés.

Entrega de diplomas do curso de novas tecnoloxías organizado pola aula CEMIT.

O pasado 29 de maio, tivo lugar o acto de entrega de diplomas do curso de formación en novas tecnoloxías impulsado pola Concellería de Novas Tecnoloxías, a través da aula CEMIT.

O Museo das Mariñas inaugura a exposición “De color Betanzos”, da artista Elena Otero...

O Museo das Mariñas acollerá o vindeiro venres 5 de xuño ás 11:30 horas, na sala de exposicións temporais, a inauguración da mostra “De color Betanzos: Pinturas de Elena Otero Chas”, unha nova proposta expositiva que poderá visitarse ata o 31 de agosto.

Entrega de premios do XVI Concurso de carteis das Letras Galegas do Concello de...

O pasado venres 29 de maio, ás 19:00 horas, tivo lugar o acto de entrega de premios do XVI Concurso de carteis das Letras Galegas e do XIII Concurso de creación literaria, organizados polo Concello de Betanzos, e do concurso de fotografía “Betanzos 1926 – 2026”, organizado polos centros de ensino secundario de Betanzos.

Betanzos acolle unha charla-obradoiro sobre observación e fotografía de eclipses

O Concello de Betanzos colaborou na organización dunha charla-obradoiro dedicada á observación e fotografía de eclipses, unha actividade divulgativa que tivo lugar o pasado 29 de maio ás 19:30 horas no Salón Azul do edificio Liceo.

CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de xuño

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar seis actividades formativas.

Resolto o XVI Concurso de carteis das Letras Galegas do Concello de Betanzos

María Pilar Gestal Fandiño, da Fundación Hospitalarias Betanzos, foi a gañadora do 1.º premio do Concurso de carteis das Letras Galegas do Concello de Betanzos. O cartel foi o escollido para ilustrar o programa das Letras Galegas do Concello de Betanzos 2026.

Resolto o XIII Concurso de creación literaria do Concello de Betanzos

O Concello de Betanzos vén de resolver a décimo terceira edición do Concurso de creación literaria.

Últimas Novas