O vindeiro venres 5 de xuño, “Toponimízate” en Betanzos
A Secretaría Xeral da Lingua en colaboración coa Real Academia Galega puxeron en marcha o programa “Toponimízate”, que desde o ano 2017 percorre as vilas galegas co obxectivo de transmitiren ao público o valor cultural da toponimia galega e de fomentaren a súa recolleita a través da plataforma Galicia Nomeada.
A EMuF enche de música e memoria o Festival Letras Galegas 2026
A Escola Municipal de Folclore de Betanzos (EMuF) celebrou o pasado sábado 9 de maio o Festival Letras Galegas 2026, baixo o título “Portadores da memoria. O papel de Coros e Danzas”, nun acto que reuniu numeroso público na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo.
O Conservatorio Municipal de Música de Betanzos abre o prazo de matrícula e presenta...
O Conservatorio Municipal de Música Carlos López García-Picos abre o período de inscrición para as probas de acceso ao primeiro curso do Grao Elemental, reforzando o seu compromiso coa formación musical na cidade.
Betanzos homenaxea a Martínez Santiso cunha sala na que se amosan os seus traballos...
O Museo das Mariñas conta desde agora cunha nova sala dedicada ao polifacético Francisco Javier Martínez Santiso, un espazo que pon en valor a súa relevancia na arte, cultura e educación entre finais do século XIX e comezos do XX.
O Concello de Betanzos convoca o XIII Concurso de creación literaria.
O Concello de Betanzos vén de convocar a décimo terceira edición do Concurso de creación literaria, coincidindo coa programación do Día Internacional do Libro e a Lectura. O prazo de entrega dos traballos queda aberto desde mañá ata o vindeiro 30 de abril.
Betanzos recibe a estudantes italianos dentro dun programa de intercambio europeo
A alcaldesa de Betanzos, María Barral, xunto co concelleiro de Educación, Andrés Hermida, recibiu na Casa do Concello a un grupo de alumnos italianos do Liceo Statale Giorgio Buchner (Ischia, Nápoles), que participan estes días nun intercambio educativo co CPR plurilingüe Nuestra Señora del Carmen-Atocha.
Os centros de ensino de secundaria de Betanzos organizan o Concurso de fotografía “Betanzos...
O Concello de Betanzos colabora cun novo proxecto organizado polos centros de ensino de secundaria IES As Mariñas, IES Francisco Aguiar e CPR Nosa Señora do Carme Atocha.
CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de abril
Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar dúas actividades formativas.
Convocatoria das probas Celga 1, 2, 3 e 4
Lembramos que a Secretaría Xeral da Lingua ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para a inscrición nas probas Celga 2026, correspondentes aos niveis 1, 2, 3 e 4.
Sesión de “H2…Oh!” para escolares de Betanzos
Na mañá do pasado xoves 5 de febreiro, o alumnado de primaria do CEIP Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme asistiu a unha representación teatral do máis científica: “H2…Oh!”, de Teatro Ghazafellos.
















