Participación betanceira no Club de Debate Alingua, que reunirá 37 equipos de varios concellos...
Son un total de 37 equipos, formados por alumnado de educación secundaria e bacharelato e procedentes de centros educativos de 13 concellos, os que compiten do 2 ao 6 de marzo por un lugar na gran final do Club de Debate Alingua.
Betanzos celebrou o Día de Rosalía cunha xornada de poesía, música e moita emoción.
O pasado venres 27 de febreiro, a Aula de Cultura Xulio Cuns acolleu o acto de homenaxe a Rosalía de Castro que, como cada ano, o Concello de Betanzos e a Asociación Cultural Eira Vella celebran para conmemorar o nacemento da escritora.
María Barral inaugura no Museo das Mariñas a mostra “Volta o mar a Betanzos”,...
A alcaldesa, María Barral, inaugurou unha nova exposición no Museo das Mariñas. Trátase de “Volta o mar a Betanzos”, de Francisco Martínez “Pin”
Sesión ordinaria do pleno de data 24 de febreiro de 2026
O concello de Betanzos ten diversos asuntos que tratar en sesión do Pleno tendo en conta os distintos expedientes conclusos e as mocións presentadas para ser sometidos á consideración do Pleno da Corporación.
Convocatoria aberta para os cursos de preparación das probas Celga
A Secretaría Xeral da Lingua vén de anunciar unha nova convocatoria de cursos formativos para preparar os exames oficiais dos Certificados de Lingua Galega, correspondentes ao niveis Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Betanzos vístese de poesía rosaliana durante o mes de febreiro.
O Concello de Betanzos homenaxea a figura de Rosalía de Castro no mes do seu nacemento, cunha mostra composta por algúns dos seus versos máis destacados, que adornarán os balcóns dos edificios municipais durante as vindeiras semanas.
Acto de presentación do Anuario Brigantino 2024, número 47
A alcaldesa de Betanzos, María Barral, asistiu á presentación do número 47 do Anuario Brigantino, correspondente ao 2024.
Obradoiro de Movemento, Lingua e Apego: Danzando en familia
Comezamos unha nova edición do Obradoiro de Movemento, Lingua e Apego. Un espazo para familias con nenos e nenas de entre 1 e 6 anos, para poñermos en marcha o noso corpo... e a nosa lingua!
Entrega de premios “Concurso de Carteis de Nadal 2025”
A alcaldesa, María Barral, entregou os premios do concurso de carteis de Nadal 2025 aos gañadores: Alba Portela Cagiao, do CEIP Vales Villamarín gañadora do primeiro premio; e dos accésits Martina Álvarez, Mª del Carmen González e Luis Abarrategui.
O Museo das Mariñas inaugura unha mostra temporal sobre o arquivo fotográfico e culinario...
A exposición, aberta á veciñanza durante os vindeiros tres meses, está comisariada por Antía Arcay, Olivia Barbero, Alicia Maneiro e Irene Paredes
















