Traballos de mantemento no paseo Ramón Beade

625
A alcaldesa, María Barral, xunto ao concelleiro de Obras, Diego Fernández, visitaron a zona na que se seguirán levando a cabo outras actuacións

O  Concello leva a cabo os traballos de mantemento do mobiliario do paseo Ramón Beade na zona do porto de Betanzos. Mellorouse mobiliario e a varanda de madeira.

Estes traballos forman parte do programa de actuacións de limpeza e mantemento que está a levar a cabo a concellería en varias zonas da cidade e que se prolonga tamén á zona rural, coa limpeza de parques ou recintos públicos.

O edil anunciou tamén que nos próximos días repararase a iluminación de varios tramos do paseo despois de que esta mesma noite roubasen parte do cableado da acometida eléctrica.