Betanzos abre a convocatoria de novas axudas para rehabilitación de vivendas no centro histórico

439

O Concello abriu o prazo de convocatoria de axudas para o plan barrios, no que os veciños e veciñas que realicen obras nas súas vivendas na área de protección do centro histórico poderán presentar solicitudes. Repartiranse, en total, 638.000 euros, financiados dentro do programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (colaboración do Ministerio de Vivenda, a Xunta e o Concello).

A finalidade destas axudas é financiar obras ou actuacións nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética, con especial atención á envolvente edificatoria (fachadas, xanelas, cubertas, medianeiras…). Está dirixida a edificios completos de uso predominante residencial para vivenda, xa sexan edificios de vivenda unifamiliar ou de tipoloxía residencial colectiva, segundo explicou hoxe a alcaldesa, María Barral.

Son subvencionables todas as actuacións de rehabilitación ou mellora que se realicen no edificio, mesmo aquelas que non son de eficiencia enerxética, sempre que no conxunto das obras se poidan alcanzar os requisitos esixidos. O inmoble para o cal se solicita a axuda debe estar incluído na Contorna Residencial de Rehabilitación Programada (ERRP) do “Conxunto histórico de Betanzos e a súa zona de protección”, o cal inclúe os barrios da Nosa Señora do Camiño e da Magdalena.

Coa actuación no edificio deberá conseguirse unha redución de:

  • Polo menos un 30% do consumo de enerxía primaria non renovable. A contía da subvención será en función do nivel de aforro alcanzado neste apartado.
  • Polo menos un 25% a demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración.
  • Naqueles casos en que se teñan que retirar elementos con amianto, poderá incrementarse a contía máxima da axuda básica na cantidade correspondente aos custos incorridos ata un máximo de 1000 euros por vivenda ou 12 000 euros por edificio, o que resulte superior, ata o esgotamento da cantidade económica específica.

SI poden ser parte do custo elixible

NON poden ser elixibles

·  Actuacións de rehabilitación ou mellora que se realicen no edificio, mesmo aquelas que non son de eficiencia enerxética.

·  Custos de xestión inherentes ao desenvolvemento das actuacións e os gastos asociados.

·  Honorarios de profesionais.

·  Custo da redacción dos proxectos, informes técnicos e certificados necesarios.

·  Gastos da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares.

·  IVE non susceptible de recuperación ou compensación total ou parcial.

 

  • Obras distintas á rehabilitación, como obra nova, ampliación de planta ou substitución da edificación.
  • Investimentos en xeradores térmicos que utilicen combustible de orixe fósil.
  • Mobiliario (incluído o de cociña ou baños).
  • Electrodomésticos.
  • Impostos, taxas ou tributos.
  • IVE cando si sexa susceptible de recuperación ou compensación.

 

 

 

A xestión desta axuda correspóndelle ao Concello de Betanzos.

A presentación da solicitude da axuda farase mediante a instancia normalizada e os formularios que se inclúen como anexos da convocatoria, que se atopan dispoñibles na sede electrónica do Concello de Betanzos.

PRAZOS MÁIS RELEVANTES

Realización das obras:

– Non puideron iniciarse antes do 1 de febreiro de 2020.

– Non puideron finalizar antes do 27 de setembro de 2024.

– Si deberán estar finalizadas antes do 30 de xuño de 2026.

Da tramitación da axuda:

A solicitude de participación pódese presentar entre o 27 de setembro de 2024 e o 30 de decembro de 2025.

As persoas interesadas poden dirixirse á  Oficina de Rehabilitación para presentar consultas preferentemente mediante correo electrónico ([email protected]). Ademais, poderase recibir atención no teléfono 981 773 690 (dispoñible en horario de 09:00 h a 14:00 h) ou presencialmente (09:00 h a 14:00 h, cita previa no enderezo electrónico e teléfono indicados).

Para mías información prema aquí