O Concello destina 1,8 millóns de euros do seu remanente a novas infraestruturas e equipamentos e afrontar o pagamento a provedores de servizos xerados, especialmente, pola pandemia

453

O goberno local aprobou o pasado venres 14 de maio no pleno, a modificación de partidas orzamentarias para poder utilizar 1,8 millóns de euros do remanente que dispón, que alcanza os 2,7 millóns de euros para gastos xerais dos 3,9 de remanente de tesouraría co que se pechou 2020.

 

 

Deses 1,8 millóns de euros, 210.696 euros destinaranse ao pagamento de facturas correspondentes ao anterior exercicio, de gastos xerais, especialmente de subministración eléctrica; e outros 223.000 euros que se presentaron en 2021 de servizos por parte de empresas que se realizaron durante o ano pasado e que, por tanto, non se “quedaron no caixón ou sen pagar senón que foron presentados este ano e que corresponden, principalmente, a gastos xerados pola pandemia e tamén a gastos de enerxía eléctrica”.

O goberno local valora que a pesar da incerteza económica de 2020 “pola xestión da pandemia e os gastos xerados que non estaban orzados, o certo é que se pechou o exercicio con menos cantidade de contía económica sen pagar (210 000 euros) e cun remanente suficiente como para facer fronte non só esa cantidade senón a todo o que tivo que gastar o Concello noutros servizos como consecuencia da propia pandemia”.

Dos 1,8 millóns de remanente, o goberno local destinará 1,3 millóns a proxectos dos que a alcaldesa, María Barral, destacou os 205 765 euros para completar o investimento na recuperación do Convento das Donas. Tamén se destinarán do remanente outros 351 665 euros para facer fronte a varias fases da subvención do IDAE, coa substitución de luminarias en todo o municipio dentro dun programa de aforro enerxético. Neste capítulo tamén se incorpora unha última actuación no centro histórico e en cálea Pintor Seijo Rubio, duns 35 000 euros.

 

A primeira edil anunciou tamén a reforma e adecuación con novos xogos do parque infantil do colexio Vales Villamarín, con máis de 50 000 euros; ou a renovación da herba sintética do campo de fútbol do Carregal, con outros 150 000 euros. O goberno local destinará outros 20 000 euros para completar o investimento de renovación dos aseos públicos situados nas inmediacións da praza os Irmáns García Naveira (á beira do edificio Arquivo) e para mellorar os Soportais, Fonte de Unta e a porta da Ponte Vella con outros 35 000 euros. A Casa Gótica, co levantamento da estrutura da vivenda tamén vai recollida na modificación orzamentaria con 125 000 euros ao realizarse de forma subsidiaria. Recolle, ademais, outra achega municipal para mellorar a seguridade viaria na avenida Fraga Iribarne, con 35 000 euros e a instalación dun ascensor na praza dos Irmáns García Naveira para acceder ao aparcadoiro subterráneo doutros 150 000 euros.

 

Na zona rural continuará o plan de mellora de camiños e viarios municipais para o que se destinan outros 112 000 euros e outros 25 000 euros para mellorar os sistemas de comunicación do Concello coa cidadanía a través de pantallas informativas.

 

María Barral destacou, ademais, a achega doutros 54 000 euros que o Concello destinará a axudas para o pequeno comercio, que o seu unen aos anteriores programas para comercio e hostalaría do Reactiva Betanzos, con 150 000 euros, ao PEL Reactiva provincial, con 240 000 euros e aos 96 000 euros, aprobados no último pleno e dirixido integramente á hostalaría.

 

Na zona rural continuará o plan de mellora de camiños e viarios municipais para o que se destinan outros 112 000 euros e outros 2000 euros para mellorar o sistema de comunicación do Concello coa cidadanía a través de pantallas informativas. María Barral destacou, ademais, a achega doutros 54 000 euros que o Concello destinará a axudas para o pequeno comercio que se unen aos anteriores programas Reactiva Betanzos.