Betanzos inicia a última fase das obras de recuperación do edificio que albergará a...

As obras de recuperación do edificio da antiga sede da Policía Local entran, a partir da vindeira semana, na súa última fase para que antes do vindeiro verán o Concello poida abrir estas novas instalacións. A alcaldesa, María Barral, visitou o edificio e reuniuse con técnicos da dirección de obra e da empresa que executa os traballos.

Concello e Deputación establecerán un convenio para renovar a área de xogos do Pasatempo

A renovación e mellora das zonas infantís é unha dos programas prioritarios de traballo do goberno local neste mandato.

O Concello inicia a humanización de Saavedra Meneses coa instalación de novo mobiliario urbano

O Concello executou diversos traballos de mellora de Saavedra Meneses centrada na colocación de mobiliario urbano e especies arbóreas.

O Concello concluíu as obras de reposición de novos xogos infantís non parque Alfonso...

O Concello concluíu as obras de reposición de novos xogos infantís no parque Alfonso IX dentro do programa de melloras de instalacións que está a levar a cabo a concellería de Infraestruturas en varias áreas do municipio.

O Concello de Betanzos realiza obras de mellora do camiño do Barallobre.

O Concello de Betanzos, coa financiación de Agader, ao abeiro do plan Camiña rural para o período 2025-2026, está a realizar obras de acondicionamento e mellora do camiño do Barallobre.

Avanzan os traballos de recuperación do Pasatempo que a principios de 2026 se completarán...

Concello e Xunta analizaron o desenvolvemento dos traballos de recuperación do parque do Pasatempo, unha actuación na que se invisten 1,5 millóns de euros procedentes de Fondos Europeos que o Goberno Central destinou a Bens de Interese Cultural e entre os que en Galicia se incluíu o parque enciclopédico.

Barral valora as obras do Vales Villamarín aínda que considera insuficiente a superficie destinada...

A alcaldesa, María Barral, aproveitou a visita do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para reclamar que "atenda as necesidades do colexio, solicitadas pola AMPA e apoiadas polo Concello e que dote o centro do profesorado de apoio necesario.

Betanzos adxudica unha nova fase de alumeamento público que inclúe, entre outras, a praza...

O goberno local vén de adxudicar unha nova fase do seu programa de mellora do alumeamento público, no que investirá 1,1 millóns de euros.

Betanzos, un dos primeiros concellos de Galicia que mellora a depuradora xeral cunha nova...

O Concello e a empresa concesionaria do servizo de abastecemento e saneamento de auga presentaron hoxe un novo sistema de tratamento de lodos na estación depuradora, situada na zona do Porto, que mellorará notablemente un proceso "chave no funcionamento das instalacións".

Desbordamentos dos ríos Mendo e Mandeo

O nivel dos ríos Mendo e Mandeo volveu ser dos máis altos do ano á primeira hora da tarde do pasado 5 de novembro, o que provocou desbordamentos en varios puntos da cidade como o Porto, a zona do Pasatempo ou a Ribeira.

Últimas Novas