Betanzos celebra un pleno infantil onde o deporte e as actividades culturais foron o...

Betanzos celebrou o seu Pleno Infantil, unha actividade organizada pola Concellería de Educación e os colexios Vales Villamarín e Atocha, para conmemoraren o Día da Constitución.

Curso de carretillero da normativa UNE

Xa está aberto o prazo de inscricións para o curso de carretillero da normativa UNE que a Concellería de Mocidade de Betanzos organiza para o vindeiro mes de xaneiro.

Restaurante Cho, premio popular da Semana do pincho 2025.

O premio popular da Semana do Pincho 2025 nesta edición é para Enrique González Portela, do restaurante Cho, polo seu petisco de bocadiño de froitos do mar con salsa romesco e alioli de chipirón.

O Concello denunciou a situación da vivenda da Cerca ante a Garda Civil para...

O Concello denunciou a situación da vivenda do número 4 da rúa da Cerca ante a Garda Civil e expresou a súa preocupación na última Xunta de Seguridade (onde xa o fixera con anterioridade), na que estaban presentes mandos da Policía Local e da Garda Civil.

A EMUF visita o Principado de Asturias

A alcaldesa, María Barral, xunto coa edil de Cultura, Ana Veiga, e unha delegación da EMUF, foron recibidos o pasado 5 de decembro, polo presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón.

Casa Segundo gaña a Semana do Pincho de Betanzos 2025.

Casa Segundo resultou gañador da Semana do Pincho de Betanzos por diante dos outros catro finalistas: por diante de Restaurante Cho, Casa do Queixo, Restaurante Casanova e La Travesía Vinos.

“O Concello de Betanzos obtén o Distintivo SG CITY 50-50 pola Igualdade de Xénero”

O Concello de Betanzos obtivo o Distintivo SG CITY 50-50 a favor da igualdade de xénero, no marco da Norma SG CITY 50-50, e grazas á súa integración no proxecto DIXECP (Distintivo para a Igualdade de Xénero en Pobos e Cidades), cofinanciado pola Unión Europea.

Betanzos celebrou o seu tradicional concerto da “Ilusión” coa incorporación dunha nova integrante na...

Betanzos celebrou o tradicional concerto da ilusión. Trátase dunha das citas culturais máis importantes do ano no que a Banda municipal recibe a novos/as integrantes

Barral propón á Xunta ampliar o radio de acción de compra de vivendas a...

O Concello pretende que a Xunta amplíe o seu  radio de acción de compra de vivendas no casco histórico e leve a cabo novas adquisicións “á vista da demanda existente de vivenda de alugueiro e da importancia que teñen estas actuacións de rehabilitación para incentivar tamén proxectos de iniciativa particular”, subliñou a alcaldesa, María Barral, durante o acto de entrega de chaves de vivendas celebrado xunto á conselleira de Vivenda, María Allegue.

O Concello apoia a ANPA do Vales Villamarín para reclamar á Xunta profesorado de...

A alcaldesa, María Barral, mostrou o seu apoio á ANPA do colexio Vales Villamarín na súa reivindicación para que a Xunta designe máis profesorado de apoio para o centro. “É necesario que a Xunta reaccione e non abandone as necesidades educativas do colexio Vales Villamarín”.

Últimas Novas