Sesión extraordinaria do pleno de data 18 de maio de 2026
O concello de Betanzos ten diversos asuntos que tratar en sesión do Pleno tendo en conta os distintos expedientes conclusos e as mocións presentadas para ser sometidos á consideración do Pleno da Corporación.
Magdalena Piñeyro e Laura Faílde chegan ao Concello de Betanzos para falar de nutrición,...
O sábado 30 de maio, ás 12.00 horas, no Salón Azul do Edificio Liceo terá lugar a actividade Rompendo a norma: Conversas sobre nutrición, saúde e gordofobia.
Betanzos mobilízase contra o cancro cunha andaina solidaria o 31 de maio
O Concello de Betanzos colabora na organización da “Betanzos en marcha contra o cancro”, unha andaina solidaria que terá lugar o vindeiro 31 de maio de 2026, co obxectivo de recadar fondos para a investigación e apoiar ás persoas afectadas por esta enfermidade.
O Plan xeral prevé máis de 300 vivendas de protección, promover a ocupación de...
O goberno local levará a Pleno o vindeiro luns a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal no que se propón o modelo de cidade das próximas décadas: sostible, humano, dinámico e adaptado á realidade do século XXI.
Este venres 8 de maio ábrese o prazo de inscrición no campamento de verán...
O Concello de Betanzos pon en marcha, un ano máis, o campamento de verán Betanzos Concilia, coa finalidade de axudar ás familias betanceiras a conciliar os tempos laborais e familiares durante a época estival.
Os maiores de Betanzos propoñen no seu “pleno” unha residencia pública para maiores, melloras...
Trala experiencia piloto realizada en 2025, este ano o Concello de Betanzos retomou a celebración do Pleno de Maiores, nunha segunda edición na que participaron 17 mulleres e homes, que realizaron as labores de concelleiros e concelleiras.
O Concello de Betanzos inicia unha actuación integral de limpeza e desbroce no tramo...
O Concello de Betanzos está a levar a cabo unha actuación integral de limpeza e desbroce do río Mendo ao seu paso polo casco urbanoco obxectivo de mellorar a seguridade, a capacidade de drenaxe do cauce e a recuperación ambiental deste espazo.
O Concello de Betanzos convoca tres prazas temporais de peóns ao abeiro do programa...
O Concello de Betanzos aprobou as bases para a contratación temporal de tres peóns/as dentro do Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña (PEL-Concellos 2026), unha iniciativa destinada a fomentar o emprego no ámbito local.
A alcaldesa destaca en Madrid que a pesar do recoñecemento do Ministerio de Igualdade...
A ministra de Igualdade, Ana Redondo, entregou á betanceira Dolores Vázquez a Medalla á Promoción dos Valores de Igualdade, un recoñecemento que pon o foco tanto no sufrimento inxustamente padecido como no seu papel na concienciación social sobre a discriminación e os erros do sistema.
Novo impulso para o Complexo San Roque: cara á súa regularización e posta en...
O obxectivo é dar solución á situación de inestabilidade e aos problemas xurídicos e económicos que o hotel Complexo San Roque viña arrastrando desde hai varios lustros.
















