Sesión ordinaria do pleno de data 27 de xaneiro de 2026

O concello de Betanzos ten diversos asuntos que tratar en sesión do Pleno tendo en conta os distintos expedientes conclusos e as mocións presentadas para ser sometidos á consideración do Pleno da Corporación.

CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de febreiro

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar dúas actividades formativas.

Betanzos esixe ao Goberno que solucione os problemas de persoal da Oficina da Seguridade...

Betanzos esixe á Subdelegación do Goberno unha solución urxente aos problemas nos servizos de atención á cidadanía que ten a Oficina da Seguridade Social da cidade e que fai que moita da veciñanza de Betanzos e da comarca teña que desprazarse a outros lugares para ser atendida.

Recepción aos betanceiros e betanceiras residentes en Madrid con motivo da presenza municipal en...

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, e o tenente de alcaldesa, Andrés Hermida, participaron na recepción institucional que organiza anualmente o Concello con motivo da presenza municipal en FITUR e para encontrarse coa  veciñanza betanceira na capital de España.

O Concello de Betanzos nomea embaixadores da tortilla o cociñeiro Antonio Couceiro “Sanchón” e...

A alcaldesa, María Barral, entregou os distintivos de “embaixador gastronómico da Tortilla de Betanzos” ao cociñeiro betanceiro Antonio Couceiro "Sanchón", e, por primeira vez,  o de “embaixador da Tortilla de Betanzos” ao xornalista galego Xabier Fortes.

Barral reúnese coa presidenta de Paradores para planearen e concretaren o proxecto de construción...

Betanzos recupera a súa proposta de impulsar un parador no centro histórico. Trátase dun proxecto que xa foi exposto pola alcaldesa, María Barral, hai dous anos á presidenta de Paradores, Raquel Sánchez, e que volveron tratar nunha reunión mantida na sede do ente estatal en Fitur.

O campamento de Nadal Betanzos Concilia remata coa elaboración dun vídeo resumo dos mellores...

A rapazada de 3 a 12 anos puido desfrutar de múltiples actividades, combinándose algunhas vencelladas á época navideña, con outras de tipo deportivo, artísticas, culturais e de tempo de lecer.

A Policía Local detén a un home, sobre o que recaía unha orde do...

A Policía Local detivo nas últimas horas a D.B.V., veciño de Betanzos, sobre o que recaía unha orde do Xulgado número 2 de Betanzos.

Cabalgata dos Reis Magos en Betanzos. Galería de imaxes.

Betanzos celebrou a tradicional Cabalgata de Reis que, a diferenza de anos anteriores, cambiou o percorrido para gozar dos “Magos de Oriente” dunha forma “máis próxima, directa, e nunha contorna única máis, se cabe, na época do Nadal” como é o centro histórico.

Betanzos incrementará os servizos de atención social cun CIM municipal durante 2026 nas antigas...

Betanzos terá un Centro de Información á Muller municipal durante 2026. Así o anunciou a alcaldesa, María Barral, quen indicou que o Concello conta co proxecto que pretende executar ben con fondos propios ou con axuda doutra administración facendo realidade “unha antiga demanda municipal que nunca foi atendida pola Xunta, a pesar de que é competencia directa da administración autonómica”.

Últimas Novas