Betanzos inicia a última fase das obras de recuperación do edificio que albergará a...
As obras de recuperación do edificio da antiga sede da Policía Local entran, a partir da vindeira semana, na súa última fase para que antes do vindeiro verán o Concello poida abrir estas novas instalacións. A alcaldesa, María Barral, visitou o edificio e reuniuse con técnicos da dirección de obra e da empresa que executa os traballos.
O Concello aprobará esta semana a ordenanza que regulará o tráfico no casco histórico,...
Será sometida durante un mes a información pública e despois haberá tres meses de proba antes da súa implantación definitiva
Acto de presentación do Anuario Brigantino 2024, número 47
A alcaldesa de Betanzos, María Barral, asistiu á presentación do número 47 do Anuario Brigantino, correspondente ao 2024.
O Concello presenta o orzamento para 2026 con reforzo nas políticas sociais, culturais, educativas...
O Concello presentou o proxecto de orzamentos municipais para o exercicio 2026, que serán levados a pleno o vindeiro 5 de febreiro, cunha contía total de 13.930.579,24 euros.
Barral reúnese coa presidenta de Paradores para planearen e concretaren o proxecto de construción...
Betanzos recupera a súa proposta de impulsar un parador no centro histórico. Trátase dun proxecto que xa foi exposto pola alcaldesa, María Barral, hai dous anos á presidenta de Paradores, Raquel Sánchez, e que volveron tratar nunha reunión mantida na sede do ente estatal en Fitur.
Barral presenta en Fitur “Betanzos é máis”, a nova campaña que pon en...
“Betanzos é máis”. Este é o lema da nova campaña de turismo do Concello presentada na caseta de Turespaña pola alcaldesa, María Barral, na que se mostran as riquezas...
Concello e Deputación establecerán un convenio para renovar a área de xogos do Pasatempo
A renovación e mellora das zonas infantís é unha dos programas prioritarios de traballo do goberno local neste mandato.
Cabalgata dos Reis Magos en Betanzos. Galería de imaxes.
Betanzos celebrou a tradicional Cabalgata de Reis que, a diferenza de anos anteriores, cambiou o percorrido para gozar dos “Magos de Oriente” dunha forma “máis próxima, directa, e nunha contorna única máis, se cabe, na época do Nadal” como é o centro histórico.
Betanzos incrementará os servizos de atención social cun CIM municipal durante 2026 nas antigas...
Betanzos terá un Centro de Información á Muller municipal durante 2026. Así o anunciou a alcaldesa, María Barral, quen indicou que o Concello conta co proxecto que pretende executar ben con fondos propios ou con axuda doutra administración facendo realidade “unha antiga demanda municipal que nunca foi atendida pola Xunta, a pesar de que é competencia directa da administración autonómica”.
María Barral destaca os investimentos e os programas municipais realizados en 2025 que puxeron...
A alcaldesa de Betanzos, María Barral, presidiu a recepción oficial ás entidades betanceiras en diversos ámbitos: veciñais, sociais, educativas, deportivas, culturais, de comerciantes e empresarios, así como de institucións con representación en Betanzos no tradicional brinde do Nadal.















