Avanzan os traballos de recuperación do Pasatempo que a principios de 2026 se completarán...

Concello e Xunta analizaron o desenvolvemento dos traballos de recuperación do parque do Pasatempo, unha actuación na que se invisten 1,5 millóns de euros procedentes de Fondos Europeos que o Goberno Central destinou a Bens de Interese Cultural e entre os que en Galicia se incluíu o parque enciclopédico.

O Concello denunciou a situación da vivenda da Cerca ante a Garda Civil para...

O Concello denunciou a situación da vivenda do número 4 da rúa da Cerca ante a Garda Civil e expresou a súa preocupación na última Xunta de Seguridade (onde xa o fixera con anterioridade), na que estaban presentes mandos da Policía Local e da Garda Civil.

Casa Segundo gaña a Semana do Pincho de Betanzos 2025.

Casa Segundo resultou gañador da Semana do Pincho de Betanzos por diante dos outros catro finalistas: por diante de Restaurante Cho, Casa do Queixo, Restaurante Casanova e La Travesía Vinos.

O medallista olímpico betanceiro, Carlos Arévalo, foi o encargado de acender a iluminación de...

O Concello de Betanzos contou cun convidado de excepción para dar inicio ás festas do Nadal. O betanceiro Carlos Arévalo, medallista olímpico, foi o encargado de prender o alumeado nun acto programado para o pasado día 29, na praza Irmáns García Naveira.

Barral valora as obras do Vales Villamarín aínda que considera insuficiente a superficie destinada...

A alcaldesa, María Barral, aproveitou a visita do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para reclamar que "atenda as necesidades do colexio, solicitadas pola AMPA e apoiadas polo Concello e que dote o centro do profesorado de apoio necesario.

Betanzos outorga o Distintivo Muller Emprendedora “Toda unha vida” a María Pérez Iglesias da...

Coa posta en marcha do IV Plan de Igualdade Municipal no ano 2023, o Concello de Betanzos engadiu unha nova liña de acción, consistente en recoñecer a traxectoria dunha muller emprendedora con 25 ou máis anos de actividade dentro do municipio.

O Concello espera completar a ocupación do Mercado nun próximo proceso que convocará en...

O Concello concluíu o prazo de presentación de ofertas para a concesión dos postos do Mercado Municipal. Finalmente son 5 as persoas que optarán aos postos, aínda que ata que finalice o proceso de licitación por parte do departamento de Contratación, non se coñecerá o número de postos que poderían ocuparse nesta fase.

Reunión da Mesa Local de Coordinación fronte á Violencia de Xénero

O Concello celebrou o pasado mércores, 12 de novembro, a Mesa Local de Coordinación Fronte á Violencia de Xénero, na que se fixo unha análise da situación dos casos de violencia de xénero, da campaña municipal polo 25N, dos datos dos puntos violeta deste ano e de aspectos de coordinación entre Policía Local e Garda Civil.

Barral busca que Augas e Portos estuden solucións técnicas que minimicen os efectos dos...

A alcaldesa, María Barral, mantivo nas últimas horas conversacións con Augas de Galicia e Portos de Galicia sobre a situación xerada polo desbordamento dos ríos en varias zonas da cidade pero, en especial, no porto de Betanzos cos prexuízos que iso ocasiona ás empresas que se asientan na zona, en terreos de Portos de Galicia.

Desbordamentos dos ríos Mendo e Mandeo

O nivel dos ríos Mendo e Mandeo volveu ser dos máis altos do ano á primeira hora da tarde do pasado 5 de novembro, o que provocou desbordamentos en varios puntos da cidade como o Porto, a zona do Pasatempo ou a Ribeira.

Últimas Novas