O Concello renova a pasarela peonil de madeira das Cascas ao Pasatempo, que permanecerá...

O Concello iniciou as obras de mellora da pasarela de madeira á altura das Cascas que conecta peonilmente esta zona co Parque do Pasatempo. Para a realización dos traballos, que se desenvolverán durante as próximas semanas, será necesario cortar o paso.

A alcaldesa, María Barral, presentou a XV edición da Semana da Tortilla.

A alcaldesa, María Barral, presentou a XV edición da Semana da Tortilla que se desenvolverá en 14 locais de hostalería dende o dia 10 ata o 19 de outubro.

O Concello acondiciona todas as fontes do Camiño Inglés, entre elas a Diana Cazadora

O Concello, a través da Asociación do Camiño Inglés, está a facer os traballos de mellora das fontes públicas que forman parte do tramo do Camiño ao seu paso por Betanzos.

Betanzos e a Universidade da Coruña inician unha nova edición da universidade senior que alcanza...

O Concello de Betanzos e a Universidade Sénior da Universidade da Coruña puxeron en marcha a sétima edición do Programa de Formación Universitaria para Maiores de 50 anos, un programa de formación específico para vos adultos maiores de Betanzos, que se desenvolverá durante este mes de setembro e outubro no Cinema Alfonsetti . 

Concello sacou a licitación as obras de renovación dos parques infantís da Ribeira e...

As dúas actuacións forman parte dun programa de mellora de parques que inclúe tamén traballos en Alfonso IX, o Pasatempo, As Doas, Viuxe e  anteriormente a praza do Emigrante, Carregal, centro histórico ou o Xuncaliño.  

Betanzos será, a partir do día 23 deste mes,  “estudio” dunha nova serie Netflix 

Betanzos será protagonista nunha nova serie que Bambú Producións prepara para Netflix.

O Concello expón a construción dunha pista de pádel cuberta na contorna do Carregal

Betanzos aproveitará a segunda fase do POS+ adicional da Deputación para construír unha pista cuberta de pádel na zona do Carregal.

Barral destaca a repercusión de Betanzos no verán galego e sitúa en máis de...

Quero facer unha valoración moi positiva do que supuxo este verán para Betanzos. Vivimos uns meses intensos, nos que a participación de veciños, veciñas e visitantes foi extraordinaria”, indicou a alcaldesa, María Barral, no balance que fixo hoxe do verán.

A Policía Local trasladarase ao Liceo  coincidindo coa adaptación da súa actual sede como...

A adxudicación da reforma das actuais instalacións da Policía Local no centro histórico obrigarán a realizar o traslado das dependencias policiais, de forma provisional, a outro inmoble municipal. Neste caso será o edificio Liceo, onde xa comezaron os traballos de adaptación.

Betanzos xunto a outros nove Concellos promove un programa de fomento do emprego que...

O Concello ven de solicitar o PIE (Programa Integrado de Emprego) para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia. Este Programa consiste na inserción laboral de persoas desempregadas, a través de información, orientación e asesoramento, así como de accións formativas en campos específicos con demanda de emprego.

Últimas Novas