O Concello inicia a renovación integral da rúa López Datorre na Condesa
O Concello iniciou as obras de renovación da rúa López Datorre, na urbanización da Condesa, cun investimento de 157.000 euros, financiados entre a administración local e a Deputación Provincial.
O Concello iniciou as obras de mellora da praza de Doña Águeda.
O Concello iniciará o vindeiro venres a mellora da praza de Doña Águeda, a través dun programa provincial, no que investirá máis de 190.000 euros.
O Concello reforza a seguridade nos pasos de peóns cunha campaña de pintado e...
O Concello pretende mellorar a seguridade viaria nas rúas da cidade e en puntos da zona rural cunha campaña de pintado de pasos de peóns e a instalación de sistemas de iluminación nestas zonas de paso nos puntos máis transitados do casco urbano.
Betanzos reclama á Xunta melloras en materia de seguridade vial en varios puntos, entre...
A alcaldesa, María Barral, trasladou á Axencia Galega de Infraestruturas a necesidade de levar a cabo unha serie de actuacións de mellora da seguridad viaria en distintas estradas de titularidade autonómica ao seu paso polo municipio.
Barral propón á Xunta a construción dun novo pavillón cuberto no Carregal
A alcaldesa de Betanzos, María Barral, mantivo hoxe unha xuntanza co secretario xeral para o Deporte, Roberto García, para trasladarlle diversas necesidades do municipio en materia deportiva.
Continúan os traballos de limpeza da estatua dos irmáns García Naveira.
O Concello avanza nos traballos de limpeza da estatua dos irmáns García Naveira, situada no centro da cidade.
Betanzos inicia a última fase das obras de recuperación do edificio que albergará a...
As obras de recuperación do edificio da antiga sede da Policía Local entran, a partir da vindeira semana, na súa última fase para que antes do vindeiro verán o Concello poida abrir estas novas instalacións. A alcaldesa, María Barral, visitou o edificio e reuniuse con técnicos da dirección de obra e da empresa que executa os traballos.
Concello e Deputación establecerán un convenio para renovar a área de xogos do Pasatempo
A renovación e mellora das zonas infantís é unha dos programas prioritarios de traballo do goberno local neste mandato.
O Concello inicia a humanización de Saavedra Meneses coa instalación de novo mobiliario urbano
O Concello executou diversos traballos de mellora de Saavedra Meneses centrada na colocación de mobiliario urbano e especies arbóreas.
O Concello concluíu as obras de reposición de novos xogos infantís non parque Alfonso...
O Concello concluíu as obras de reposición de novos xogos infantís no parque Alfonso IX dentro do programa de melloras de instalacións que está a levar a cabo a concellería de Infraestruturas en varias áreas do municipio.















