Betanzos inicia as obras de renovación do parque infantil da Ribeira dentro do programa...
O Concello iniciou as obras de renovación do parque infantil da Ribeira, dentro dun programa de actuacións que inclúe tamén o de Pintor Seijo Rubio, xa rematado; o do Pasatempo, As Donas, Viuxe e A Condesa, nos que se levarán a cabo actuacións proximamente, ademais doutros espazos nos que xa se actuou con anterioridade, como Alfonso IX, a Praza do Emigrante, O Carregal, o casco histórico ou O Xuncaliño.
O Concello saca a contratación un novo servizo público de bicicletas eléctricas.
O Concello vén de sacar a contratación o novo servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas, unha actuación incluída dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) “Casco Histórico de Betanzos”, enmarcada no eixe de mellora da eficiencia enerxética.
O Concello incorpora máis de 1.600 metros cadrados de solo para destinalos a vivenda...
O Concello de Betanzos incorporará ao seu patrimonio municipal un total de 13 parcelas de solo urbano tras culminar as negociacións mantidas coa Sareb para a cesión gratuíta destes terreos situados no ámbito de execución urbanística delimitado entre a avenida Jesús García Naveira e O Rollo.
O Mercado do Casco Histórico avanza na súa posta en marcha tras a concesión...
O Concello de Betanzos celebrou a primeira reunión conxunta cos concesionarios dos postos do novo Mercado Municipal do Casco Histórico, unha das actuacións máis importantes desenvolvidas nos últimos anos nesta zona da cidade dentro do proceso de recuperación e revitalización urbana impulsado polo goberno local.
O Concello abre o renovado parque infantil Pintor Seijo Rubio cun deseño inclusivo e...
O Concello abriu o renovado parque infantil Pintor Seijo Rubio, cuxa mellora forma parte do programa municipal de renovación de áreas de xogo que inclúe tamén os parques da Ribeira, O Pasatempo, As Donas, Viuxe, A Condesa e, anteriormente, Alfonso IX, a praza do Emigrante, Carregal, o casco histórico ou O Xuncaliño.
Betanzos mantén a súa aposta polo Centro de Día malia a negativa da Xunta...
“Por fin confirmamos publicamente o que era un segredo a voces: que a Xunta non ía construír un Centro de Día en Betanzos”, algo que ata onte non admitiran, deixando non só a Betanzos senón tamén á comarca sen un servizo demandado en infinidade de ocasións”.
Betanzos conta cunha base náutica para actividades ecoturísticas na Tolerancia impulsada polo Concello e...
A alcaldesa, María Barral, inaugurou a base náutica de actividades ecoturísticas e a instalación dun novo pantalán no río Mandeo dentro do plan de sostenibilidad turística impulsado polo Concello e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas a través dos Fondos Next Generation.
O Concello de Betanzos impulsa a mellora de viarios no rural e no casco...
O Concello de Betanzos inicia a mellora de viarios na zona rural e en varios puntos do casco urbano. Tamén comezaron os traballos no Paseo de Bullas, que inclúen a plantación de árbores e novo mobiliario urbano.
A Policía Local cortará o tráfico en Cruz Verde hoxe, mércores, ata media tarde...
Aínda que están previstos cortes intermitentes de tráfico durante os traballos, durante a xornada de hoxe será preciso o corte total pola mañá e, en principio, ata media tarde, para facilitar as tarefas na praza.
O Concello de Betanzos inicia as obras de mellora de pavimentación e servizos en...
O Concello comeza os traballos de mellora de infraestruturas, redes de servizos e pavimentación en Touriñao, un proxecto incluído nun plan provincial no que se investirán 196.000 euros.















