O Concello de Betanzos realiza obras de mellora do camiño do Barallobre.
O Concello de Betanzos, coa financiación de Agader, ao abeiro do plan Camiña rural para o período 2025-2026, está a realizar obras de acondicionamento e mellora do camiño do Barallobre.
Avanzan os traballos de recuperación do Pasatempo que a principios de 2026 se completarán...
Concello e Xunta analizaron o desenvolvemento dos traballos de recuperación do parque do Pasatempo, unha actuación na que se invisten 1,5 millóns de euros procedentes de Fondos Europeos que o Goberno Central destinou a Bens de Interese Cultural e entre os que en Galicia se incluíu o parque enciclopédico.
Barral valora as obras do Vales Villamarín aínda que considera insuficiente a superficie destinada...
A alcaldesa, María Barral, aproveitou a visita do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para reclamar que "atenda as necesidades do colexio, solicitadas pola AMPA e apoiadas polo Concello e que dote o centro do profesorado de apoio necesario.
Betanzos adxudica unha nova fase de alumeamento público que inclúe, entre outras, a praza...
O goberno local vén de adxudicar unha nova fase do seu programa de mellora do alumeamento público, no que investirá 1,1 millóns de euros.
Betanzos, un dos primeiros concellos de Galicia que mellora a depuradora xeral cunha nova...
O Concello e a empresa concesionaria do servizo de abastecemento e saneamento de auga presentaron hoxe un novo sistema de tratamento de lodos na estación depuradora, situada na zona do Porto, que mellorará notablemente un proceso "chave no funcionamento das instalacións".
Desbordamentos dos ríos Mendo e Mandeo
O nivel dos ríos Mendo e Mandeo volveu ser dos máis altos do ano á primeira hora da tarde do pasado 5 de novembro, o que provocou desbordamentos en varios puntos da cidade como o Porto, a zona do Pasatempo ou a Ribeira.
O Concello renova a pasarela peonil de madeira das Cascas ao Pasatempo e acondiciona...
O Concello concluíu os traballos de renovación da pasarela de madeira que une As Cascas co Pasatempo ao tempo que tamén acondicionou a ponte sobre o Mandeo na Ribeira
A Policía Local traslada as súas oficinas ao edificio Liceo
A Policía Local traslada as súas oficinas desde hoxe, mércores día 22, ao edificio Liceo. Ocupará a zona que ata agora albergaba os servizos de Urbanismo, que se manterán tamén no Liceo, pero na zona máis próxima á Alameda, xunto ao departamento de Obras. O resto de servizos de atención á veciñanza manteñen as súas oficinas no Liceo.
O Concello renova a pasarela peonil de madeira das Cascas ao Pasatempo, que permanecerá...
O Concello iniciou as obras de mellora da pasarela de madeira á altura das Cascas que conecta peonilmente esta zona co Parque do Pasatempo. Para a realización dos traballos, que se desenvolverán durante as próximas semanas, será necesario cortar o paso.
O Concello acondiciona todas as fontes do Camiño Inglés, entre elas a Diana Cazadora
O Concello, a través da Asociación do Camiño Inglés, está a facer os traballos de mellora das fontes públicas que forman parte do tramo do Camiño ao seu paso por Betanzos.















