Barral reclama á Xunta o investimento pendente para completar a estación de tratamento de...

A Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Betanzos vén de culminar unha importante actuación de mellora que permitirá incrementar a calidade da auga subministrada á veciñanza.

Barral reclama á Xunta que amplíe o Plan Rexurbe e retome a compra de...

A alcaldesa María Barral, reclamoulle á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, que a Xunta continúe impulsando o Plan Rexurbe na cidade e retome a adquisición de inmobles no casco histórico

O Concello completa as actuacións na praza García Naveira cunha nova iluminación nos Soportais...

Á mellora da Fonte da Diana Cazadora súmanse agora distintas actuacións no mesmo ámbito da praza García Naveira, centradas na iluminación dos Soportais e na instalación de novos sistemas de iluminación e sinalización intelixente en varios pasos de peóns.

Betanzos inicia os traballos de recuperación integral da fonte da Diana Cazadora 

O Concello  vén de iniciar os traballos de mellora e recuperación integral da fonte da Diana Cazadora, unha das imaxes máis emblemáticas e recoñecibles do patrimonio urbano da cidade.

O Concello prohibirá temporalmente o estacionamento no acceso á estación de Betanzos-Infesta para facilitar...

A medida estará vixente entre o 4 de xuño e o 11 de xullo debido ás obras que se están a desenvolver na estación da Coruña.

Betanzos inicia os traballos de mellora da pavimentación e dos servizos en Touriñao

O Concello de Betanzos executa os traballos de mellora de infraestruturas, redes de servizos e pavimentación no núcleo de Touriñao, unha actuación incluída nun plan provincial que supón un investimento de 196.000 euros.

Betanzos completa a renovación da rede de iluminación do polígono de Piadela dentro das...

O Concello completou o programa de actuacións no polígono industrial de Piadela destinado a reforzar a competitividade do parque empresarial e crear as condicións necesarias para favorecer a implantación de novas empresas e a xeración de emprego.

O goberno local reafirma en pleno o seu compromiso de que Pintor Seijo Rubio...

Explica que a reforma do parque estaba prevista en dous proxectos diferentes e o de renovación dos xogos e superficie era o máis prioritario. Agora trabállase no da cuberta.

Barral presentará no Pleno unha proposta para desbloquear a situación do complexo San Roque...

O goberno local de Betanzos levará ao vindeiro Pleno a proposta para autorizar a cesión da concesión administrativa e dos dereitos de arrendamento do Complexo San Roque á empresa Nuevas Iniciativas Betanzos S.L. (NIB), despois do informe favorable emitido polos servizos xurídicos municipais sobre a operación formulada.

O Plan xeral prevé máis de 300 vivendas de protección, promover a ocupación de...

O goberno local levará a Pleno o vindeiro luns a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal no que se propón o modelo de cidade das próximas décadas: sostible, humano, dinámico e adaptado á realidade do século XXI.

Últimas Novas