O Concello saca a contratación un novo servizo público de bicicletas eléctricas.

O Concello vén de sacar a contratación o novo servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas, unha actuación incluída dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) “Casco Histórico de Betanzos”, enmarcada no eixe de mellora da eficiencia enerxética.

O Concello incorpora máis de 1.600 metros cadrados de solo para destinalos a vivenda...

O Concello de Betanzos incorporará ao seu patrimonio municipal un total de 13 parcelas de solo urbano tras culminar as negociacións mantidas coa Sareb para a cesión gratuíta destes terreos situados no ámbito de execución urbanística delimitado entre a avenida Jesús García Naveira e O Rollo.

O Mercado do Casco Histórico avanza na súa posta en marcha tras a concesión...

O Concello de Betanzos celebrou a primeira reunión conxunta cos concesionarios dos postos do novo Mercado Municipal do Casco Histórico, unha das actuacións máis importantes desenvolvidas nos últimos anos nesta zona da cidade dentro do proceso de recuperación e revitalización urbana impulsado polo goberno local.

Betanzos mantén a súa aposta polo Centro de Día malia a negativa da Xunta...

“Por fin confirmamos publicamente o que era un segredo a voces: que a Xunta non ía construír un Centro de Día en Betanzos”, algo que ata onte non admitiran, deixando non só a Betanzos senón tamén á comarca sen un servizo demandado en infinidade de ocasións”.

Os maiores de Betanzos propoñen no seu “pleno” unha residencia pública para maiores, melloras...

Trala experiencia piloto realizada en 2025, este ano o Concello de Betanzos retomou a celebración do Pleno de Maiores, nunha segunda edición na que participaron 17 mulleres e homes, que realizaron as labores de concelleiros e concelleiras.

Betanzos conta cunha base náutica para actividades ecoturísticas na Tolerancia impulsada polo Concello e...

A alcaldesa, María Barral, inaugurou a base náutica de actividades ecoturísticas e a instalación dun novo pantalán no río Mandeo dentro do plan de sostenibilidad turística impulsado polo Concello e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas a través dos Fondos Next Generation.

A alcaldesa destaca en Madrid que a pesar do recoñecemento do Ministerio de Igualdade...

A ministra de Igualdade, Ana Redondo, entregou á betanceira Dolores Vázquez a Medalla á Promoción dos Valores de Igualdade, un recoñecemento que pon o foco tanto no sufrimento inxustamente padecido como no seu papel na concienciación social sobre a discriminación e os erros do sistema.

Novo impulso para o Complexo San Roque: cara á súa regularización e posta en...

O obxectivo é dar solución á situación de inestabilidade e aos problemas xurídicos e económicos que o hotel Complexo San Roque viña arrastrando desde hai varios lustros.

Betanzos homenaxea a Martínez Santiso cunha sala na que se amosan os seus traballos...

O Museo das Mariñas conta desde agora cunha nova sala dedicada ao polifacético Francisco Javier Martínez Santiso, un espazo que pon en valor a súa relevancia na arte, cultura e educación entre finais do século XIX e comezos do XX.

Barral denuncia que o mal funcionamento do servizo de transporte deixa “tirados” a moitos...

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, mostrou a súa fonda preocupación polo empeoramento do servizo de transporte público, indicando que os problemas levan anos repetíndose, especialmente dende o cambio do contrato.

Últimas Novas